XA TEMOS GAÑADORA DO II CONCURSO DE PINTURA MURAL 2018

XA TEMOS GAÑADORA DO II CONCURSO DE PINTURA MURAL 2018

No día de onte, martes 4 de decembro, reuníase na Deputación da Coruña o xurado coa fin de avaliar as propostas recibidas para executar as pinturas murais nos seus respectivos Concellos. Declarouse como gañadora na categoría menores de idade a Alicia Romarís Valeria, alumna do IES Xulián Magariños de Negreira. Desde a Campaña Quen Dixo Medo, xa nos puxemos en contacto con ela para trasladarlle a boa nova. A gañadora recibirá un reproductor de música ipod de 32 gb e poderá plasmar a súa obra nun espazo habilitado polo Concello para tal fin. A categoría para maiores de idade, queda deserta.