XA TEMOS GAÑADOR DO CONCURSO DE PINTURA MURAL/GRAFFITI!

XA TEMOS GAÑADOR DO CONCURSO DE PINTURA MURAL/GRAFFITI!

O xurado do "concurso de pintura mural /graffiti Quen Dixo Medo? 2017", composto por Sandra Calvo, Coordinadora da campaña QDM?, Eva Ovenza, Técnica de Igualdade da Deputación e Alberte Sánchez, fotógrafo e deseñador gráfico, en reunión celebrada o día 29 de novembro na Deputación da Coruña determinaron que a proposta gañadora fose a presentada por Vicente Fornés Picher, titulada como a Porta Violeta.

Neste caso a obra a realizar será un Mural, que se ubicará no Concello de Brión e que se comezará a proxectar nos vindeiros días de Nadal.

Agradecemos desde aquí a todas as persoas que enviaron a súa proposta para participar.

Imaxe da proposta gañadora