UN RECOÑECEMENTO PÚBLICO PARA ALICIA ROMARÍS, GAÑADORA DO NOSO CONCURSO

UN RECOÑECEMENTO PÚBLICO PARA ALICIA ROMARÍS, GAÑADORA DO NOSO CONCURSO

Tal e como estaba previsto hoxe ás 11 da mañá no recibidor principal do IES Xulián Magariños de Negreira fíxose entrega do premio á gañadora  do II Concurso de Pintura Mural QDM?  As compañeiras e compañeiros de Alicia Romarís, gañadora, quixeron darlle unha sorpresa e acompañala durante a entrega do premio. Alí estivo presente a Deputada Provincial Ánxela Franco, responsable do departamento de Servizos Sociais e encargada de darlle o premio a Alicia, que emocionada e coa voz entrecortada tamén tivo unhas palabras de agradecemento cara os seus compañeiros, compañeiras e profesorado. Tamén o Concello de Negreira se sumou ao acto de entrega, representado polo seu Alcalde, Jorge Tuñas, a Concelleira de Servizos Sociais María Jesús Veiga, a titular de Emprego e Muller María del Mar García Vidal e a Directora do CIM Rosa Fuentes.