REMATADO O MURAL GAÑADOR EN NEGREIRA

REMATADO O MURAL GAÑADOR EN NEGREIRA

 

Alicia Romarís, gañadora do II Concurso de Pintura Mural QDM? ven de rematar e plasmar  a  obra presentada ao concurso nunha parede de máis de 4 metros de ancho e 2 de alto. O lugar escollido finalmente foi o pavillón municipal de deportes, espazo que cedeu e adaptou o Concello de Negreira para que a alumna do IES Xulián Magariños, puidese levar a cabo ou mural. A autora do debuxo estivo arroupada por persoal do Concello, compañeiras e compañeiros da comisión de igualdade do seu centro de estudos.