TEATRO DE SUSPENSE E PELÍCULAS DE TERROR

TEATRO DE SUSPENSE E PELÍCULAS DE TERROR

Nunha recente viaxe realizada puiden desfrutar dunha obra de teatro particular e diferente. Mía, é unha historia palpitante, que te clava na butaca e faiche pensar, angustiarte, emocionarte a ratos danche ganas de saltar ao escenario e darlle un abrazo a Elvira a protagonista, que está maxistralmente interpretada por Laura Mayo.

A obra está escrita por Miguel Valiente, sí un home, que sabe retratar a perfección os matices que fan desta dramaturxia unha obra diferente. A min sorprendeume desde logo, xa que non entraba no meu esquema do que debería ser unha obra de teatro sobre unha víctima de violencia de xénero.

Ao sair do teatro, pensei en porque me sorprendera? e porque se saia do habitual?, e aínda non o sei de todo certo; por qué eu tiña un esquema de como ten que ser unha obra de teatro ou unha película sobre a violencia de xénero? sen saber o motivo exacto, creo que ten moito que ver co cine que se fixo ata o momento e co acostumado que estou e estamos a el. Refírome a cine social ou de denuncia. E claro, esta obra non éntra nese "traxe". Enseguida reparei nunha película que recentemente puiden ver "Custodia compartida" ópera prima do director Xavier Legrand, que nos traslada angustia, tensión, incluso terror diría eu. Cando a estás vendo sabes que hai algo detrás que che encolle o estómago e te situa perfectamente no que padecen as víctimas ou cando menos esa é a sensación coa que eu saín do cine.

Cóntovos isto porque quería reflexionar sobre un cambio de estilo no cine e na dramaturxia á hora de contar estas historias, que sempre se nos prantexaban como cine social ou de protesta, e se cadra este novo enfoque de terror e angustia representa mellor a problemática, non?