O MURAL GAÑADOR, EN MARCHA.

O MURAL GAÑADOR, EN MARCHA.

Durante o pasado mes de novembro celebramos o Concurso de pintura mural/Graffiti QDM? 2017, o gañador tal e como informaramos foi Vicente Fornés, veciño do Concello de Brión.

A execución do mural viuse retrasada pola choiva e o mal tempo, xa que ao realizarse no exterior eran precisas unhas condicións climatolóxicas máis favorables que non se deron ata esta última fin de semana de febreiro.

O autor da proposta e gañador do Concurso, comezou coa súa realización o pasado sábado 24 de febreiro, continuará o luns 26 e mércores 27 para poder rematar co traballo, que lucirá nunha parede exterior do CEIP Plurilingüe de Pedrouzos, no Concello de Brión.

Vídeo realización mural