O MURAL GAÑADOR, Á ESPERA DE PODER REALIZARSE.

O MURAL GAÑADOR, Á ESPERA DE PODER REALIZARSE.

O pasado día 22 de decembro, nas instalacións do CEIP Plurilingüe de Pedrouzos, realizamos a entrega do premio ao gañador do Concurso de pintura mural/graffiti QDM?.  A entrega realizouse ao carón da que será a ubicación do Mural, escollida en Consello Escolar polo Centro Educativo ubicado no Concello de Brión.

Co que non se contaba desde a organización foi cos intensos días de choiva que tiveron lugar e que aínda hoxe perduran, levando a tomar a decisión de retrasar a súa realización á espera de que amaine o "temporal". Todo está listo para que en canto o tempo acompañe, Vicente Fornés, gañador do concurso, poda executar a súa proposta.

Vicente Fornés, sostendo a proposta de mural gañador.

Vicente Fornés, sostendo o agasallo como gañador do concurso.