MURAL REMATADO.

MURAL REMATADO.

O martes 27 ás 19:00 quedou rematado o mural gañador do Concurso impulsado pola Campaña de sensibilización contra a violencia de xénero Quen Dixo Medo?, da Deputación da Coruña, xusto antes da entrada do novo temporal de frío e neve que tería retrasado aínda máis a súa realización. O mural, está situado no recinto escolar do CEIP Plurilingüe de Pedrouzos, en Brión.

O mural, titulado "A PORTA VIOLETA", simboliza o acceso a un mundo de igualdade e a vía de escape a situacións de violencia machista.

Vicente Fornés, autor do mural e gañador do Concurso.