EN MARCHA A SEGUNDA ANUALIDADE DA CAMPAÑA

EN MARCHA A SEGUNDA ANUALIDADE DA CAMPAÑA

A finais de abril, puxemos en marcha a segunda anualidade da campaña QDM?, e fixémolo cos obradoiros denominados "NAS TIC MANDAS TI",  no que axudamos a reflexionar ás mozas e mozos a redor do uso que lle dan aos seus dispositivos tecnolóxicos, das novas formas de comunicarse e novas formas de violencia que aparecen vinculadas ao uso destas tecnoloxías; mais tamén facemos fincape na xestión da privacidade, damos as pautas para saber cando estamos a sufrir acoso, ou cando podemos estalo a exercer nós.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A primeira anualidade deixounos uns números de participación directa moi bos, foron 3.025 persoas as que tomaron contacto directo coa campaña, no conxunto das seis actividades propostas. Nesta segunda anualidade que acabamos de encetar, marcámonos o mesmo obxectivo, é decir, 3.ooo ou máis participantes directos, e de momento nas primeiras seis accións realizadas ata o día 13 de maio, xa foron perto de 200 os alumnos e alumnas que participaron.