Crónica dos últimos obradoiros: Boiro e Rianxo

Crónica dos últimos obradoiros: Boiro e Rianxo

Estamos a falar dos obradoiros de autodefensa, que están chegando ao seu fin, neste 2017; De feito o último está programado para o venres día 28 de xullo en San Sadurniño. Xa o viñemos anunciando en anteriores crónicas: se o de onte funcionou ben, o de hoxe foi xenial, superou as espectativas. Ao fin calquera campaña que se precie ten unha evolución, sempre é así, de menos a máis.

Desta volta visitamos Boiro e Rianxo, días 21 e 22 de xullo respectivamente, e como viña sendo habitual, tivemos máis demandantes que oferta de prazas! Estamos contentas e contentos de isto, mais tamén somos conscientes de que serían precisas máis accións para poder satisfacer as demandas das usuarias. Pero a planificación é a que é, e obriganos a continuar, deixando a semente botada para que en cada un dos Concellos que visitamos agromen iniciativas como esta que sexan capaces de continuar e mellorar o noso traballo.

Xa o sabedes por anteriores crónicas, Sandra e Xaquín, son o tanden responsable desta actividade; a primeira a cargo da parte teórica na que se explica que é a violencia de xénero, cales son os seus ciclos, como aparece e como podemos evitala. O segundo encárgase da parte práctica, na que se recorda que os "exercicios e maniobras" que se realicen durante o obradoiro son técnicas orientadas a defenderse e repeler ataques ou posibles ataques e non para atacar. Os exercicios sirven tamén para elevar os límites que as mulleres nos autoimpoñemos e para mellorar a autoestima das participantes.