Crónica dos últimos obradoiros

Crónica dos últimos obradoiros

(Ordes, Cerceda, Brión, Padrón, Teo, Ponteceso, Val do Dubra)

Sabiamos que o mes de outubro iba ser duro, porque entre outras cousas xa todas as Escolas, Colexios e institutos están funcionando a pleno rendemento e todos queren este tipo de actividades canto antes, antes do mes de novembro porque en torno ao 25 xa teñen moita programación, e en decembro son poucos días e por riba están os exames, avaliacións, etc. mais co que non contabamos era coa boa acollida que está a ter a actividade entre o alumnado da ESO, nomeadamente os alumnos e alumnas de 4º da ESO.

Cando nós comezamos a planificar a actividade, os seus contidos, "timing" e o desenvolvemento das dúas horas da sesión, agardabamos un público "mal informado" e que a priori iban ter pouco interese porque de entrada elas mais eles pensan que o saben todo a respecto das TIC, dos usos que se lle poden dar e dos problemas e beneficios que nos dan. E efectivamente a realidade xoga ao noso favor porque isto ven sendo así en case todos os centros de ensino que visitamos. Sabemos que son cousas da idade, sen mais. Atopámonos adolescentes que nun primeiro momento pensan que sobre as TIC, pouco lle podemos explicar, polo tanto comezan desenchufadas e desenchufados, e esa desconexión dura 4 ou 5 minutos, que é o tempo que temos preparado para as presentacións formais.

Como vos deciamos, a predisposición do auditorio xa a levamos traballada e non nos colle co pe cambiado. A partir do minuto 6 a historia colle ritmo, Xosé (o experto en novas tecnoloxías) baixa do escenario, e mesturase entre a audiencia amósalles os dispositivos que usarán durante a charla, nada de ordenador e de cables, farémolo desde un móbil... primeira sorpresa.
- Vas proxectar desde o mobil? - Pregúntannos entre sorpresa e descrédito.
- Sí claro, e como vos traigo algún video tamén imos escoitar; ver e escoitar. E o són reproducirase nese misterioso cilindro que tedes sobre o escenario, é un altavoz bluetooth, e todo desde o móbil.

A partir deste momento xa temos silencio e "pescozos estirados" para intentar ver como vai facer... e a iso chamámoslle xerar interese, agora introducimos música, pedímoslle que saquen os seus dispositivos e durante o tempo que dura a canción poderán facer as consultas que se lles vai solicitando, unha vez que remata a música deben silencialos, non lles obligamos a que os guarden iso xa o fan cando o que lle contamos o como llo contamos lles chama a atención e se preocupan por atender.

Nos seguintes 20 minutos clase de historia e psicoloxía, todo desde unha perspectiva de xénero buscando que reflexionen e pensen, que fagan autocrítica para chegar a algunha conclusión; coa clase de historia chegamos ate hoxe o día no que vos estamos contando todo isto, e hoxe en plena revolución dixital cun paradigma totalmente modificado imos a deternos un bo rato en algunhas problemáticas que detectamos no uso que vos lle dades ás TIC. E aquí nos detemos 45 minutos para explicarlles pormenorizadamente todos e cada un dos casos de acoso: Ciberacoso, sexting, grooming, sextorsion. Na gran maioría das ocasións só saben identificar o bullying, a pesar de que por exemplo o seexting a día de hoxe é moi habitual, porque comeza cun simple selfie.

Contido, exemplo/anécdota, debate e video; este é o esquema que usamos na parte máis densa da charla, e facémolo así para non xerar monotonía e manter o interese, e sabemos que funciona porque despois de ver o video, volven querer debatir e opinar sobre o seu contido. En Padrón por exemplo, un alumno díxonos: - isto pasoulle a meu irmán, foi a través do whatsapp e comentoullo a miña nai, que inmediatamente foi poñer unha denuncia ao cuartel. En ordes tamén nos puxeron exemplos que coñecían e que pasaran na vila. En Cerceda algunha alumna recoñeceu ter sufrido acoso anteriormente. En definitiva, vanse soltando ao longo da actividade cousa que nós agradecemos moitísimo.

Para o final deixámoslles as recomendacións e as conclusións, ás que por outra banda xa moitas e moitos xa chegaran antes de nós enumeralas.

Antes de despedirnos, o alumnado sempre se reserva o último acto, o do aplauso, que se agradece moitísimo e que para nós é importante xa que recoñecen o traballo realizado.