NOVAS SEXUALIDADES, NOVOS CONCEPTOS

NOVAS SEXUALIDADES, NOVOS CONCEPTOS

Foi a principio dos anos 90 cando as persoas intersexuais comezaron a alzar a voz para facerse visibles. A Organización Internacional Intersexual  Europea así o atestigua. Na década anterior comezaban a socializarse os problemas que homosexuais e transexuais padecían, e pouco a pouco foise facendo público un debate que durante moitos anos estivo “soterrado”. Avanzamos, non queda dúbida mais non o suficiente como para decir que existe igualdade de dereitos entre homo e heterosexuais ou intersexuais.

Pouco a pouco foron aparecendo novos conceptos e siglas grazas a estas mudanzas que se foron abrindo un oco na sociedade. LGBT, Trans, Gais, Lesbianas, Asexual, son algúns dos exemplos máis coñecidos.

Pero, que é o que define a este amplo abano de persoas?

Podemos dicir que se trata de individuos que naceron con características sexuais (como xenitais ou estruturas hormonais) que non pertencen estritamente ás categorías masculinas ou femininas ou o fan ou que o fan ao mesmo tempo. Esta sería unha explicación breve sen entrar a máis detalles, que os hai, mais non pretende ser este un artigo que sente cátedra a este respecto.

O que é un feito é que a multiplicidade de opcións sexuais maniféstase no cotián, e isto provoca que haxa que incorporar unha lista de neoloxismos relacionados coas súas experiencias de xénero. Por iso, recollemos e pómoslle significado a 15 vocábulos que chegarán aos teus oídos dun momento a outro.

  1. Pansexualidade: é a atracción sexual cara ás persoas, independentemente do seu sexo ou identidade de xénero (inclúe homes, mulleres, persoas axénero, transxénero, transexuais, intersexuais, ou calquera xénero ou identidade de xénero).
  2. Alosexualidade: é o oposto á asexualidade. Unha persoa alosexual séntese atraída cara a persoas heterosexuais, homosexuais, bisexuais, pansexuais e outros tipos de sexualidade.
  3. Skoliosexualidade ou Escoliosexualidade: atracción sexual cara a persoas non-binarias. É dicir, persoas cuxa identidade sexual difire do sexo co que naceron.
  4. Androxinosexualidade: é a atracción sexual cara a persoas andróxinas, que teñen características tanto masculinas como femininas.
  5. Xinosexualidade: é a atracción sexual cara ás mulleres.
  6. Androsexualidade: atracción sexual cara aos homes.
  7. Gris-asexualidade: trátase dun concepto dacabalo entre a sexualidade e a asexualidade, aínda que se achega máis á asexualidade. As persoas que se denominan gris-asexuais senten atracción sexual cara a outras, pero só en circunstancias específicas.
  8. Transeróticos: persoas que senten atraídas cara a outras que son transxénero ou transexuais.
  9. Monosexualidade: é atracción sexual cara a un só e determinado sexo ou identidade de xénero. O concepto engloba os termos homosexualidade e heterosexualidade.
  10. Polisexualidade: é a atracción sexual cara varios grupos de persoas de determinado xénero biolóxico ou identidade de xénero. A diferenza coa pansexualidade é que as persoas pansexuais senten atraídas por outras con calquera identidade de xénero ou sexo, mentres que na polisexualidade exclúese algún grupo.
  11. Hetero-romántica: son aqueles que senten atracción de forma romántica, pero non sexual, por un sexo ou xénero distinto ao seu.
  12. Homo-romántico: do mesmo xeito que os hetero-románticos, os homo-románticos só senten atracción romántica -e non sexual- polas persoas do mesmo sexo.
  13. Bi-romántico ou pan-romántico: son persoas que se senten atraídas romanticamente por múltiples sexos .
  14. Arromántico: son as persoas que non senten ningún tipo de atracción romántica cara á ningún sexo.
  15. Alorromántico: aquelas persoas que experimentan atracción romántica cara a persoas concretas.