Category Archives: Sen categorizar

O MURAL GAÑADOR, Á ESPERA DE PODER REALIZARSE.

O pasado día 22 de decembro, nas instalacións do CEIP Plurilingüe de Pedrouzos, realizamos a entrega do premio ao gañador do Concurso de pintura mural/graffiti QDM?.  A entrega realizouse ao carón da que será a ubicación do Mural, escollida en Consello Escolar polo Centro Educativo ubicado no Concello de Brión. Co que non se contaba…
Ler máis

XA TEMOS GAÑADOR DO CONCURSO DE PINTURA MURAL/GRAFFITI!

O xurado do "concurso de pintura mural /graffiti Quen Dixo Medo? 2017", composto por Sandra Calvo, Coordinadora da campaña QDM?, Eva Ovenza, Técnica de Igualdade da Deputación e Alberte Sánchez, fotógrafo e deseñador gráfico, en reunión celebrada o día 29 de novembro na Deputación da Coruña determinaron que a proposta gañadora fose a presentada por…
Ler máis

Premios Nobel, ciencia e Marie Curi.

O vindeiro día 10 de decembro, celebrarase unha nova gala de entrega dos premios Nobel en Estocolmo, Suecia. E un ano máis ningunha muller recollerá o premio, e non é por falta de candidatas. No ámbito das ciencias por exemplo, dende o ano 1901, os Nobel premiaron 18 veces a mulleres y 581 a homes. Elas só recibiron o 3% dos Nobel de ciencias fronte ao 97%.

Con estes datos sobre a mesa é obrigado falar de Marie Curie, xa que foi ela precisamente quen revolucionou o ámbito científico e a propia historia ao ser a primeira muller do mundo en gañar un Premio Nobel. A súa maior contribución para a ciencia foi o descubrimento da radioactividade e de novos elementos químicos.

Nacida na cidade de Varsovia, en Polonia, no ano 1867. Con 11 anos, a moza polaca sufriu dúas grandes perdas: a morte de súa nai, vítima da tuberculose, e de súa irmá máis vella, que morreu de tifo.

O seu pai fixo que se interesase pola ciencia desde ben cativa, Marie rematou os estudos aos 15 anos e pasou a traballar como profesora, antes de se mudar a París, onde continuou os seus estudos. En 1883, Marie graduouse en Física e Matemáticas pola Universidade da Sorbona, converténdose, máis tarde, na primeira muller en dar aulas nesa importante institución do ensino. Nos anos posteriores, non fixo máis que despuntar como magnífica estudante, foi a primeira da súa promoción no máster en Física e, o ano seguinte, a segunda no máster en Matemática.

En 1894, Marie coñeceu ao profesor de Física Pierre Curie, con quen  casou, pasando, entón, a ser chamada de Marie Curie. En 1896, o científico Antoine Henri Becquerel animou á parella Curie a estudar as radiacións do uranio, descubertas por el anos atrás.  Tras algúns anos de pescudas ao lado de Pierre e Antoine, Marie recibiu, en 1903, o Premio Nobel de Física, en recoñecemento polos extraordinarios servizos obtidos nas investigacións conxuntas sobre os fenómenos da radiación, tornándose a primeira muller a recibir este recoñecemento.

As investigacións realizadas por Marie resultaron no descubrimento de dous novos elementos químicos: o polonio, que gañou este nome en homenaxe ao país natal dela, e o radio. Os descubrimentos da parella Curie abriu un novo camiño que sería explotado pola investigación científica e médica; en anos sucesivos foron moitos os investigadores que se centraron en afondar no coñecemento destes dous novos elementos químicos.

Marie Curie, con outros científicos no congreso de Solvay de 1927.

Tras a morte de Pierre, en 1906, Marie continuou a estudar a radioactividade, principalmente súas aplicacións terapéuticas.  En 1911, recibiu outro premio, desta vez o Nobel de Química, polas súas investigacións sobre o radio, converténdose na primeira persoa, até entón, en gañar dúas veces o Premio Nobel. Nunha actitude altruísta, ela acabou non patentando o proceso de illamento do radio, permitindo, así, a investigación das propiedades dese elemento por toda a comunidade científica.

Marie foi tamén a fundadora do Instituto do Radio, en París, onde máis tarde se formaron científicas de importancia recoñecida. En 1922, Marie Curie converteuse en membro asociado da Academia de Medicina.

Faleceu en xullo de 1934, debido a unha leucemia causada pola longa exposición aos elementos radioactivos cos cales traballou durante moitos anos. En 1995, seus restos mortais foron trasladados para o Panteón de París, converténdose unha vez máis na primeira muller en ser sepultada nese espazo.

Outro dado importante a resaltar é que a súa filla, Irène Joliot-Curie traballou nos campos da estrutura do átomo e física nuclear, demostrando a estrutura do neutrón e descubrindo a radioactividade artificial. O feito foi crucial para que Irène fose galardoada co Premio Nobel de Química en 1935, un ano despois da morte da nai.

Con todo, Marie deixou un legado de coñecemento enorme, e abriu novos campos para a investigación, que aínda a día de hoxe seguen a ser importantes no ámbito terapéutico e de tratamento de moitas doenzas.

O feito de que exista esa enorme desigualdade entre homes e mulleres no número de galardóns dos Nobel é un fiel reflexo da desigualdade neste ámbito científico que por desgraza non é moi diferente doutros, de momento só podemos agardar ao 2018 para saber se despois de tanto tempo, haberá novos recoñecementos á científicas femininas.