Recent Posts by usuario

Crónica dos últimos obradoiros.

O pasado día 29 de xuño e o día 7 de xullo, visitamos os Concellos de A Pobra do Caramiñal e Porto do Son respectivamente, coa actividade inicial que estivemos a desenvolver, e que non é outra que os OBRADOIROS DE AUTODEFENSA.

O esquema non variou, segue a ser o mesmo: unha parte teórica e outra parte práctica que fai moi amena a sesión formativa. A formadora encargada da parte teórica vai introducindo ás asistentes no marco teórico da violencia de xénero, para a continuación expor exemplos práticos de cada un dos "momentos" ou tipos de violencia que vive unha persoa que está inmersa no denominado "ciclo de violencia".

As asistentes puideron tamén ver pequenos cortes de filmes que ilustran á perfección as nocións teóricas recibidas.

Tras un breve receso de 5 minutos cambiamos os pupitres polas colchonetas para realizar exercicios e movementos orientados a autodefensa, a como saber protexerse ou repeler ataques de persoas que a priori son máis corpulentas.

Nesta parte do obradoiro, a práctica, é sorprendente como todas as asistentes pasan do excepticismo a crer en si mesmas e nas súas posibilidades que ao fin é un dos obxectivos que perseguimos.

 

Crónica dos últimos obradoiros

Comezamos coa caravana de actividades o pasado día 15 de xuño; escollemos como primeira actividade a de AUTODEFENSA, dirixida a mulleres maiores de 16 anos dos diferentes Concellos nos que a Campaña QUEN DIXO MEDO ten programada unha parada. Para esta primeira xeira serán nove, e os dous primeiros foron o Concello de Fene e…
Ler máis

Recent Comments by usuario

No comments by usuario yet.