Recent Posts by usuario

Crónica dos últimos obradoiros: Boiro e Rianxo

Estamos a falar dos obradoiros de autodefensa, que están chegando ao seu fin, neste 2017; De feito o último está programado para o venres día 28 de xullo en San Sadurniño. Xa o viñemos anunciando en anteriores crónicas: se o de onte funcionou ben, o de hoxe foi xenial, superou as espectativas. Ao fin calquera…
Ler máis

Falando de sexualidade con adolescentes

A sexualidade, un tema tabú. Se uns pais ou nais están a considerar de súpeto que deben falar por primeira vez de sexo cos seus fillos e fillas adolescentes, seguramente estamos ante unha mala formulación, porque se non falaron da sexualidade e os seus aspectos desde a infancia con eles, facelo de forma repentina a…
Ler máis

Crónica dos últimos obradoiros.

O pasado día 29 de xuño e o día 7 de xullo, visitamos os Concellos de A Pobra do Caramiñal e Porto do Son respectivamente, coa actividade inicial que estivemos a desenvolver, e que non é outra que os OBRADOIROS DE AUTODEFENSA.

O esquema non variou, segue a ser o mesmo: unha parte teórica e outra parte práctica que fai moi amena a sesión formativa. A formadora encargada da parte teórica vai introducindo ás asistentes no marco teórico da violencia de xénero, para a continuación expor exemplos práticos de cada un dos "momentos" ou tipos de violencia que vive unha persoa que está inmersa no denominado "ciclo de violencia".

As asistentes puideron tamén ver pequenos cortes de filmes que ilustran á perfección as nocións teóricas recibidas.

Tras un breve receso de 5 minutos cambiamos os pupitres polas colchonetas para realizar exercicios e movementos orientados a autodefensa, a como saber protexerse ou repeler ataques de persoas que a priori son máis corpulentas.

Nesta parte do obradoiro, a práctica, é sorprendente como todas as asistentes pasan do excepticismo a crer en si mesmas e nas súas posibilidades que ao fin é un dos obxectivos que perseguimos.

 

Recent Comments by usuario

No comments by usuario yet.