XINCANA COEDUCATIVA “SEN VIOLENCIA, SEN MEDO” PARA EDUCACIÓN PRIMARIA

XINCANA COEDUCATIVA “SEN VIOLENCIA, SEN MEDO” PARA EDUCACIÓN PRIMARIA

POR QUÉ?

A educación e valores das nenas e nenos acabarán sendo os vimbios que constitúan a súa futura personalidade, e os vimbios terán que fundamentarse en actitudes e formas alternativas que fomenten o equilibrio, a corresponsabilidade e a sensibilidade polo tanto deben obviar e desterrar os estereotipos sexistas que fundamentan as desigualdades e que teñen como consecuencia a violencia de xénero.

 

DESTINATARIOS:

Os/as destinatarios/as serán os alumnos e alumnas de 4º e 5º de Educación Primaria. En cada unha das xornadas contarase como máximo de 30 cativos/as de xeito que se favoreza o comprensión e o tratamento dos contidos presentados.

 

METODOLOXÍA:

O obradoiro consistirá na realización dunha xincana coeducativa, onde empregaremos o xogo como ferramenta de aprendizaxe, ademais de cumprir á vez unha función socializadora. A través de diversas probas iráselle falando os nenos/as sobre temas tan transcendentais como a invisibilidade das mulleres, da influenza dos roles e estereotipos na creación da identidade e da visión que temos dos demais, da violencia e as formas de exercela etc. loitaremos pois contra a violencia de xénero a través da loita pola igualdade.

EN QUE CONSISTE A ACTIVIDADE?

  • Detectar e escapar dos estereotipos e prexuízos que nos veñen impostos pola sociedade
  • Aprender a respecta os outros, o seu espazo, o seu corpo etc.
  • Coñecer o significado da violencia de xénero e todo o que conleva.
  • Recoñecer que é un abuso, unha ameaza e promover unha actitude de rexeitamento de tales comportamentos.
  • Mostrar e visibilizar a gravidade da violencia de xénero dentro dos centros educativos.