OBRADOIROS DE AUTODEFENSA

OBRADOIROS DE AUTODEFENSA

POR QUÉ?

As experiencias de maltrato provocan un alto nivel de ansiedade, alteracións psicosomáticas, sentimentos depresivos, dificultan as relacións persoais etc... tanto na muller que as sofre,  como nos membros da unidade familiar.

Mediante a realización do presente obradoiro, pretendese xerar un espazo que permita ás mulleres identificar as agresións, analizando a súa orixe, proporcionándolle as habilidades e coñecementos dos mecanismos de defensa tanto físicos como psíquicos fronte a un posible agresor, de xeito que a través das técnicas aprendidas, poidan saír ilesas dunha situación  de violencia , dando unha resposta contundente e decidida .

 

DESTINATARIAS:

Mulleres maiores de 16 anos, en un  grupo de non mais de 15 persoas para favorecer unha atención individualizada .

 

METODOLOXÍA:

O presente obradoiro empregará unha dinámica totalmente participativa, na que se articularán dúas grandes áreas de traballo cunha duración de dúas horas e trinta minutos. Desenvolverase un bloque teórico, no cal se promoverán técnicas grupais , debates etc... para o tratamento dos temas presentados; e por outro, un bloque práctico , no que se traballarán  aspectos físicos e psicolóxicos para que as mulleres tomen consciencia dos seus dereitos, da súa forza e da súa valía a través do traballo físico.

OBXECTIVOS:

  • Analizar os porqués da violencia sexista, como unha traba no acceso os dereitos das mulleres como cidadás.
  • Dotar ás mulleres dos mecanismos precisos para responder e resolver as situacións de agresións
  • Reforzar a auto confianza das mulleres participantes con diversas técnicas que se porán en práctica ante unha situación de perigo ou ameaza
  • Concienciar ás mulleres sobre os seus dereitos e capacidades, fomentando a confianza e a seguridade mediante a eliminación dos estereotipos sobre a debilidade física feminina.

 

CONTIDOS:

Parte teórica

  • Que é a violencia de xénero
  • Ciclo de violencia
  • Identificación das situacións de violencia
  • Análise dos tipos de violencia

Parte Práctica

  • Formas de defensa e bloqueo
  • Técnicas de inmobilización
  • Hábitos de conducta e actuación