OBRADOIRO “ESCOITA O MEU SON” PARA EDUCACIÓN SECUNDARIA

OBRADOIRO “ESCOITA O MEU SON” PARA EDUCACIÓN SECUNDARIA

POR QUÉ?

Mozas e mozos , son o colectivo máis permeable e influenciable por factores de moda como por exemplo os novos estilos musicais, estilos que determinan a súa identidade co vestiario, o peiteado, a linguaxe. Aínda que tamén é fundamental tomar en consideración que cada día son mais as mensaxes  sexistas que transmiten, se a iso lle engadimos os vídeos musicais poderemos observar que aínda son máis os estereotipos e roles machistas que nos amosan e que a mocidade por imitación acaba reproducindo.

 

DESTINATARIOS:

Será o alumnado de 3º da ESO dos centros educativos públicos. En cada unha das sesións que se levarán a cabo, o número máximo de participantes non excederá das 30 persoas.

 

METODOLOXÍA:

Para levar a cabo este  obradoiro realizarase  a análise de xeito dinámico de diversas cancións e estilos musicais , así como o  visionado dos clips correspondentes de moda entre as e os adolescentes.

Aprender a desenmarañar os contidos das letras e afondar no tipo de relacións que transmiten é fundamental, xa que provoca unha gran incapacidade para responder de xeito eficaz e temperá os sinais que nos indican que unha relación pode virarse en violenta xa que dificultan en gran medida  o establecemento de relacións saudables e entre iguais.

OBXECTIVOS:

  • Tomar consciencia da falta de neutralidade nas letras das cancións.
  • Identificar o problema da violencia de xénero física, psíquica, sexual e social
  • Fomentar relacións afectivas entre adolescentes baseadas na igualdade.
  • Concienciar as e os adolescentes sobre indicadores de risco nas relacións de parella, fomentando relacións que non asenten as súa base na submisión.
  • Dotar os mozos e mozas das ferramentas precisas para traballar a prevención da violencia de xénero a través da creatividade, o traballo en equipo, a cooperación e da detección de contidos sexistas e violentos na música.
  • Desmontar os estereotipos do “amor romántico” e perdurable.