CONTA CONTOS E OBRADOIRO DE MANUALIDADES PARA ALUMNAS/OS DE EDUCACIÓN INFANTIL

CONTA CONTOS E OBRADOIRO DE MANUALIDADES PARA ALUMNAS/OS DE EDUCACIÓN INFANTIL

POR QUÉ?

O conto constitúe un instrumento emocional e claramente socializador en idades temperás;  que, por unha banda, permite o acceso ao mundo da lectura e da escritura, aproximando aos mais cativos e cativas a un mundo atractivo, fascinante e interesante, e por outra , será o vehículo ideal para aproximar aos mais pequenos/as, aspectos e valores como  a convivencia, a tolerancia, a creación de lazos de unión, o fomento da imaxinación e a creatividade, que resultan  fundamentais para traballar a educación en valores.

 

DESTINATARIOS:

Os destinatarios/as serán os alumnos/as de 6º Educación Infantil.

 

METODOLOXÍA:

Para o desenvolvemento da presente actividade de sensibilización levarase a cabo a lectura do conto “QUÉROTE CASE SEMPRE” da autora Anna Llenas.

Este álbum ilustrado, narra a historia de amor entre Lolo e Rita, dúas personaxes que se respectan nas súas diferenzas e se adaptan para convivir en harmonía.

Tomando como fío condutor a lectura do conto, o/a docente abordará diversas cuestións para axudar os mais cativos/as  a afianzar conceptos  básicos para a súa vida cotiá e para a correcta construción da súa identidade. Aprenderán dunha forma sinxela e motivadora, ao tempo que se favorecen dinámicas como o traballo en grupo, a colaboración, o diálogo...

Para concluír a actividade, cada alumno/a, encargarase de decorar con diversos materiais, a silueta branca das personaxes do conto empregado na actividade.

OBXECTIVOS:

  • Establecer relacións equilibradas, solidarias e construtivas
  • Apreciar a importancia dos valores básico que rexen a vida e a convivencia e actuar conforme a eles
  • Ensinar os máis cativos/as a desenvolver conductas e habilidades que lles permitan vivir libres de violencia
  • Aprender a expresar as emocións de maneira axeitada evitando os insultos, agresións e gritos