CICLO DE CHARLAS “NAS TIC MANDAS TI”

CICLO DE CHARLAS “NAS TIC MANDAS TI”

POR QUÉ?

Os cambios tecnolóxicos supoñen non só novas oportunidades senón que tamén traen consigo novos problemas como illamento social, adición a internet e móbil etc.. Ao mesmo tempo establécense tamén novas formas de violencia contra as mulleres tales como:

  • Acoso en liña ou ciberacoso: ameazas, vexacións…
  • A violencia exercida a través do control e o seguimento.
  • A violencia dirixida a grupos ou comunidades de mulleres pola súa identidade sexual ou de xénero
  • Distribución de contidos que nos respectan a intimidade das persoas

Ademais de todo isto, estas tecnoloxías dificultan a identificación do agresor polo que na maioría dos casos actúan dende o anonimato.

Neste caso o maltrato non so se limita a agresións físicas, comezan a darse novas formas de violencia que xorden co uso das novas tecnoloxías que resultan aínda máis difíciles de detectar e distinguir. As redes sociais, os servizos de mensaxeira como whatsapp están xerando novas formas de exercer violencia. Un exemplo claro, é o control ao que moitas mozas se ven sometidas polos ciúmes  das súas parellas, que na maioría de casos se consinte por entender  o control exercido como unha manifestación do amor e non como unha forma de violencia.

Resulta fundamental pois, formar e informar a poboación adolescente no uso responsable das TIC, de xeito que non se contribúa  á creación de novas formas de violencia contra as mulleres, senón que sexan empregadas para a eliminación desta lacra social.

 

DESTINATARIOS:

Esta charla esta dirixida a poboación adolescente en xeral.

 

METODOLOXÍA:

Serán Ciclos de charlas – coloquio nas que se abordarán os tipos de violencia emerxentes a través do uso das novas tecnoloxías e as habilidades para a detección do tratamento das mesmas.

OBXECTIVOS

  • Dotar ao alumnado das ferramentas para a prevención e detección de conductas abusivas, aditivas e violentas presentes nas tic.
  • Reflexionar sobre a autonomía, os bos tratos e o recoñecemento mutuo.