CICLO DE CHARLAS DE “APRENDEMOS XUNT@S?” (SOBRE AFECTIVIDADE E SEXUALIDADE)

CICLO DE CHARLAS DE “APRENDEMOS XUNT@S?” (SOBRE AFECTIVIDADE E SEXUALIDADE)

POR QUÉ?

A sexualidade e a afectividade, son dúas facetas fundamentais na vida das persoas, que cobran especial relevancia na etapa da adolescencia.  Os pais e nais atópanse con algunhas dificultades cando teñen que afrontar estes temas cos seus fillos e fillas, por iso agradecen toda a información que poidan recibir sobre como abordar as dúbidas relativas ás primeiras relacións de parella, identificación e regulación de emocións e sentimentos, orientacións sexuais, identidades de xénero, sexualidade... e por que non, incluso, anticiparse as súas preocupacións.

 

OBXECTIVOS:

  • Eliminar crenzas e prexuízos infundados en torno á sexualidade.
  • Desenvolver unha actitude de naturalidade, entendendo esta como unha forma de comunicación humana, fonte de saúde, pracer, afecto e cando así se desexe de reprodución
  • Establecer claves e pautas para o diálogo sobre temas sexuais no interior do núcleo familiar
  • Desenvolver unha ética social, onde as relacións se baseen na igualdade, no respecto e na responsabilidade
  • Abordar a diversidade sexual e de xénero para transformar a sociedade acadando a aceptación de calquera forma de ser, con iguais dereitos, liberdades e oportunidades.

 

EN QUE CONSISTE A ACTIVIDADE?

Nun ciclo de charlas - coloquio en torno a educación afectivo-sexual, encamiñadas a  xerar un espazo no que proporcionar a información precisa para disipar as dúbidas dos mozos e mozas, axudándolles no  desenvolvemento, o coñecemento, autonomía e adquisición das habilidades precisas para acadar unha saúde sexual integral, baseada na igualdade, o respecto e a responsabilidade. Para isto,  ademais de abordar  temas  relacionados coa anticoncepción, as infeccións de transmisión sexual... tamén se tratarán   a orientación e educación sobre aspectos afectivos, emocionais e sociais.

 

DESTINATARIOS/AS:

Estas charlas están dirixidas a ANPAs,  pais ,nais, titores e titoras legais en xeral.

 

METODOLOXÍA:

  • Empregarase unha metodoloxía activa e participativa que involucre ao máximo ás e os asistentes.
  • Darase comezo cunha exposición por parte do/da profesional para abrir posteriormente un espazo de preguntas sobre o tema abordado.