A Campaña

A Campaña

A CAMPAÑA QUEN DIXO MEDO?

A violencia de xénero converteuse nos últimos anos nunha lacra social, que nos afecta a todos e todas por igual. Ante a situación actual, debemos pois reaccionar, primeiro recoñecendo que o problema existe e persiste, analizando os motivos que a causan e por último actuando contra ela, esa violencia endémica, enraizada na nosa sociedade como unha mala herba que compre desapareza para que floreza a vida, a igualdade, o respecto.

O medo non é unha opción; como individuos non podemos ter medo a denunciar a violencia, a actuar contra ela, a protexer ás vítimas que a sofren. O medo é un elemento coactor que nos impide apreciar obxectivamente os problemas que nos rodean, por iso compre superalo.

Esta problemática non é exclusiva da muller, afecta ao conxunto da sociedade de forma horizontal e vertical; nesta campaña queremos ter presente a sociedade, coa súa pluralidade e diversidade, a este criterio responde a imaxe principal da campaña: unha composición polifacética sobre a que destaca un rostro sen filtro de cor, sen medo.

Temos por diante 2 intensos anos de actividades e propostas que levar a cabo, para iso deseñaremos puntualmente materiais informativos e didácticos como o que tes entre as mans, estará tamén a disposición de todas e todos un blog informativo no que consultar o avance da campaña así como as crónicas do que vaiamos facendo.

Por isto que vos contamos, e polo que vos contaremos... QUEN DIXO MEDO!

Obxectivos

1

Desenvolver accións de sensibilización para a prevención da violencia de xénero destinadas á poboación de Concellos da Provincia da Coruña para coñecer as características e dimensións desta problemática social para a súa erradicación definitiva.

2

Desmontar os mitos e estereotipos en torno á violencia para apostar pola responsabilidade social.

3

Visibilizar o fenómeno e informar sobre el para tomar conciencia e actuar.

4

Fomentar o cambio de crenzas e actitudes e implicar ao respecto da violencia contra as mulleres a toda a poboación.

5

Dotar a poboación dos mecanismos, coñecementos e habilidades precisos para detectar as diversas manifestacións da violencia de xénero e actuar de xeito contundente ante ela.